Blogia
celescarballal

Mascotas de 6ºA

Mascotas de 6ºA

 

              Éstas son as mascotas dalgún dos alumnos de 6ºA.Decidimos poñelas no corcho despois de escoitar unha charla dunhas persoas da protectora de animais.Explicáronnos que a xente abandonaba os cans cando crecían e xa non eran un xoguete para o seu fillo ou cando querían ir de vacacións e lles estorbaba, e outros que os tiñan sempre atados ou encerrados nun balcón todo o día, e aínda peor, a xente que os maltrataba , algúns ata a morte.

Despois de ver algunhas fotografías e escoitar estas cousas, parece que aínda lle queríamos máis ás nosas mascotas e decidimos facerlle unha fotografía para poder telas na clase coma se fora un agradecemento polo cariño que nos dan e a lealtade que nos teñen.

Nos as queremos moito e esperamos que vos tamén teñades algunha mascota que vos alede a vida.Pero tendes que saber que as mascotas non son xoguetes, son seres vivos e sofren cando se lles fai dano.

Se podes  ¡COMPARTE A TÚA VIDA CUNHA MASCOTA!

0 comentarios